martes, 24 de septiembre de 2019

Día mundial do Multilingüismo

A Vicedirectora da Escola oficial de idiomas de Pontevedra visítanos para falarnos da importancia das linguas, ven acompañada de Martín Montoto, ex alumno da Escola e que fala moitas linguas.

viernes, 20 de septiembre de 2019

Sofá con ... Tareixa Casal




Hoxe 20 de setembro tivemos a nosa primeira charla que este ano chamaremos Sofá con... unha persoa, unha historia e un sofá. Tivemos o privilexio de contar no paraninfo con Tareixa Casal, profesora no CIFP Carlos Oroza.

O gabinete de prensa o formábamos Paula García que fixo as fotos, Laura Pozaco realizou as preguntas, Claudia Rivero escribiu as respostas e eu Sara Castro encarguéime do resumo.
Na súa charla, Tareixa, fixo incapé no lema da OMT (Organización Mundial do Turismo) deste ano: “Turismo e emprego: un futuro mellor para todos”. Estivemos vendo os temas doutros anos, dende o 2015 en adelante. Esta vez, o país anfitrión era a India, e polo tanto, vimos un vídeo relacionado con ese país. 
A invitada estivo explicándonos a importancia do turismo como xerador de emprego , e tamén aprendimos que ten moita importancia tanto no ámbito cultural como no social a través de diversos exemplos, mediante os cales poidemos comprobar que o turismo move moito a economía mundial, sexa cal sexa a época do ano
O turismo conseguiu acoller o pasado ano (2018) a 1400 millóns de turistas, unha cifra impresionante e que crecerá a un ritmo bastante rápido. Isto débese sobre todo as novas tecnoloxías e ás redes sociais, xa que estas últimas fan moita publicidade que ademais, na mayoría dos casos, é gratuita.
Os países que máis turistas reciben son EEUU, España, Tailandia, China e Francia. Sen embargo, na hora de recaudar cartos, EEUU gana moito máis diñeiro que os outros países citados, pero España tampoco se queda corto. Para facernos unha idea, o turismo en España aporta un 12% do produto interior bruto, un porcentaxe moi alto na economía do país.
                                           Estivemos vendo e comentando entre todos nós os pros e os contras da industria das viaxes dando a nosa opinión, para así intentar propoñer un desenvolvemento sustentable da industria do turismo que intente cumplir cos 17 obxectivos da Organización das Nacións Unidas.
Preguntas
Ao rematar a charla, fixémoslle a Tareixa unha serie de preguntas:
  1. ¿De qué maneira o turismo pode contribuir a alcanzar os obxetivos de desenvolvemento sostible da ONU?* Por exemplo, un obxetivo é reducir a fame 0: Cando se foi a Cuba os nenos lle pedían cartos pola rúa e ela daballes un euro ou dous porque con iso podía cambiar a economía na sua casa e mellorar as cousas, pero o que facía era escravizar aos nenos e que se acostumbraran aos cartos fáciles
2. ¿Qué beneficios ten o turismo que non os teña a inmigración? Pensas que a xente debería estar máis concienciada sobre este tema?* Os inmigrantes e turistas son iguais. Con ambos aprendes sobre outras culturas e creces como persoa. A diferencia é que un  trae cartos e o outro intenta ganalo.

3. ¿Pensas que o turismo poderia contribuir ao problema máis importante ao que nos enfrentamos, o cambio climático?* Está ben protestar pero tamén hay que actuar, cerrar o grifo cando  lavas os dentes, reciclar... Temos que reducir consumos. Os xornais e os telediarios falan que as industrias contaminan moito e que é malo para o medio ambiente; Pero nunca falan dos trasatlánticos, que tamén contaminan. Porque os trasatlánticos son un beneficio para o turismo polo tanto para a economía tamén.
4. ¿Cómo afectaron as novas tecnoloxías ao turismo?* As novas tecnoloxías evolucionan co turismo.

5. ¿Qué opina sobre as compañías de economía somerxida como airbnb?

Que estas empresas aínda que se camuflan como vías para compartir piso vese que en realidade a xente non está no piso cando vai o turista, ademais de que tamén hai moita que posúe multipropiedades postuladas nesa rede e fai unha competencia ilegal ao non pagar impostos.
6. Se dis que hai que consumir menos para combater o cambio climático pero estás favorecendo a que fagamos turismo, que implica consumo, ¿ Non te estás contradicindo?
 En realidade non é unha contradición porque o que hai que buscar é un equilibrio entre as dúas cousas, facendo que o turismo sexa sustentable.

Prensa
Diario de Pontevedra 21-09-2019

Presentación sobre o Turismo por Tareixa Casal

martes, 17 de septiembre de 2019

miércoles, 11 de septiembre de 2019

Entrega de diplomas en el IES por parte del alcalde de la ciudad

Podcast de radio galega Faro de vigo Diario de Pontevedra Fotos