Este venres 27 de setembro, tivemos de invitada a María Fernández, Vicedirectora da Escola de idiomas de Pontevedra e profesora de inglés, veu acompañada dun ex alumno políglota Martín Montoto.
O gabinete de prensa o formaba Sara Alfaya, Ángela Silva, Laura Torrón e Laura Rodríguez.
- ¿Por que estudar un idioma? Podes saír do teu país, viaxar, relacionarte
por todo o mundo... Pero ademais disto, o teu cerebro tamén cambia fisicamente
cando estudas unha lingua, por isto, poderemos ter máis facilidade e
flexibilidade para cambiar dun idioma a outro e resolveremos mellor os nosos
problemas así como tamén veremos o mundo dende outra realidade, saberemos quen
somos respecto aos demáis e pescudaremos de onde veñen as cousas entre outras vantaxes
máis.
E non só isto, estudar e aprender idiomas ofrece máis vantaxes que estas
(coñecer xente, conseguir un bo posto de traballo...)
Como podemos observar despois desta charla, aprender un idioma ábrenos unha
fiestra máis dende a que observar o mundo.
Preguntas:
1- ¿Qué é o que necesita unha lingua
para ser oficial? Necesita que as autoridades as recoñezan e unha
decisión do goberno.
2- ¿É posible revivir unha lengua
morta? Si, se por exemplo os youtubers comezarán a faltar en latín,
volvería revivirse aínda que só fora como un reto durante un tempo grazas ao
impacto que teñen os influencers ou youtubers nas novas xeracións.
3- ¿Deberíamos evitar usar estranxeirismos
en vez do noso propio léxico? Teñen ideas confrontadas. Primeiro os estranxeirismos
poden contaminar a lingua pero polo outro lado son inevitables. Pero iso tamén
depende da persoa, como lle sea máis cómodo a cada un.
Prensa:
No hay comentarios:
Publicar un comentario